Que facemos
Promoción
Identificamos oportunidades de investimento únicas e transformamos terras en proxectos inmobiliarios de vangarda . Ocupámonos da adquisición estratéxica de terreos, deseño, obtención de permisos e moito máis.
Diriximos o proceso financeiro e de construción e traballamos en estreita colaboración con arquitectos e construtores para materializar a visión nunha realidade tanxible.
Construción de edificios e chalés
No Grupo AFC construímos máis que infraestruturas, creamos vivendas e espazos excepcionais cunha base sólida de innovación, calidade e compromiso.
Realizamos proxectos tanto no ámbito público como privado e a nosa ampla e exitosa experiencia no sector convertéronnos nun referente internacional no ámbito da construción.
Servizos
Project manager
Unha das nosas especialidades son os proxectos chave en man . Desde o deseño ata a construción e a entrega, coidamos cada detalle para que a túa visión se converta nunha realidade abraiante.
Tramitación de licenzas
Proxecto baseado nas túas preferencias
Xestión integral
Servizos
Eficiencia enerxética
A nosa dedicación vai máis alá da promoción inmobiliaria e construcción. Renovamos a iluminación exterior das cidades utilizando a menor cantidade posible de recursos enerxéticos. Optimizamos o consumo.
A CORUÑA
O proxecto que se está a realizar na Coruña coa substitución de máis de 24.000 luminarias LED e case 500 centros de mandos, permite reducir o consumo enerxético, mellorar os valores luminosos na poboación, aumentar a eficiencia enerxética e reducir os custos anuais de mantemento das instalacións.
LALÍN
AFC participa na execución dun contrato integral de xestión enerxética para o Concello de Lalín, orientado á redución do consumo enerxético, a diminución de emisións de CO₂ e a mellora da eficiencia dos edificios municipais.
O proxecto inclúe xestión e monitorización enerxética en tempo real, mantemento integral das instalacións e modernización tecnolóxica mediante solucións de alta eficiencia.
Tamén prevé a instalación de iluminación LED e o desenvolvemento de investimentos orientados ao aforro enerxético e á integración de fontes de enerxía renovable.
Baixo un modelo ‘chave en man’, a UET garante a xestión, o mantemento e a optimización continua das instalacións, contribuíndo a unha administración local máis sostible e eficiente que está aliñada cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS).